O FSdeFerrolTerra caracterízase pola súa pluralidade e diversidade, tendo un carácter non confesional, non gubernamental e non partidario. O FSdeFerrolTerra non é unha entidade e non pretende ser unha instancia representativa da sociedade civil da Comarca.
O FSdeFerrolTerra, o conforma o propio evento e un Consello Local que promove e organiza a súa realización [*]. Este Consello é aberto a todas as organizacións sociais da Comarca que asuman a Carta de Principios do FSM.
[*] Promoven e organizan un grupo de entidades da Comarca que veñen participado no Consello Nacional do Foro Social Galego, como son a Marcha Mundial das Mulleres; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol; Foro Galego de Imigración; Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia. Entidades ás que se sumaron o Colectivo OPAII -Ondas Para Activación Información Independente | Rádio Filispim no 93.9 da FM -radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos; a Asociación Veciñal de Esteiro.; e a Rede de Converxencia Social "Praza Pública". E a nivel persoal Lucia Vizoso Amado, Alexandre Carrodeguas, Francisco Maceira Rodríguez e Begoña Maira Benítez.
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||